CulturaCulturaÚltima hora

Unha mostra lembra os 25 anos de “Sempre Xonxa”, “Urxa” e “Continental”

Enmárcase no conxunto de actividades do programa “Cinegalicia25”

xonxa1

A historia de Xonxa, que Chano Piñeiro ambientaba nunha aldea valdeorresa, a de Santoalla (Petín), chegaba aos cines hai xa vintecinco anos. Xunto a esta película, estreábanse outras tres longametraxes galegas e en galego “Urxa” e “Continental”. Para conmemorar este aniversario estanse a realizar diferentes actos no marco do programa “Cinegalicia 25”. Entre eles figura unha mostra que se inauguraba na tarde do 21 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago.

Esta exposición reúne os nomes propios do cinema de Galicia e en galego, estruturados ao redor de cada unha das seis seccións que se dispoñen no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, entre eles non faltan por suposto os dos directores Chano Piñeiro, Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, así como o de Xavier Villaverde.

Participantes no acto de inauguración da mostra.
Participantes no acto de inauguración da mostra.
No acto inaugural, o presidente da Xunta de Galicia destacaba que “Sempre Xonxa”, “Urxa” e “Continental” representan o punto de partida da industria cultural cinematográfica galega, xa que desde aquel momento, Galicia elaborou un discurso con voz propia no espectro do cinema nacional e internacional; “as capacidades de transmitir e proxectar a nosa identidade nun universo cada vez máis globalizado multiplicáronse e pronto apareceron os primeiros fitos”.

Artigos relacionados

Back to top button