SanidadeÚltima hora

Unha nova empresa asumirá dende mañá o contrato de seguridade no Hospital de Valdeorras e no de Verín

O novo contrato de seguridade subrogará a todo o persoal e servizos de Mersant Vigilancia S.L. nos dous hospitais

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse de que unha nova empresa asumirá dende mañá o contrato de seguridade nos Hospitais de Valdeorras e de Verín. “Nada máis recibir comunicación esta mañá, da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde, declarando a extinción anticipada do contrato e habilitando á toma de medidas provisionais, a Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ven de informar ao persoal de seguridade de Mersant Vigilancia S.L., nos hospitais públicos de Valdeorras e Verín da intervención de dito contrato a través da empresa PROTECCIÓN Y SEGURIDAD TÉCNICA, S.A. (PROSETECNISA) que subrogará ao persoal e servizos de inmediato, a partir das 24.00 de mañá 26 de abril”, asegura Sanidade.

Igualmente, como se lles trasladou aos traballadores o pasado mes de marzo, “desde ese mesmo momento, o mércores día 27, iniciaranse os trámites para proceder á nova licitación do servizo de vixilancia e seguridade de ambos centros sanitarios, de acordo cos prazos e garantías de obrigado cumprimento”, engade a consellería.

Así, Sanidade considera que “con este contrato, chégase ao fin a unha solución no marco da legalidade, para estes traballadores que garante os seus dereitos e a continuidade do servizo, tras meses de mediación e esforzos desde a dirección da Área e dos distritos sanitarios, ante a falta da colaboración e incumprimentos da empresa Mersant, que agora deberá responder ante os traballadores pola vía xudicial”.

Artigos relacionados

Back to top button