CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha orixinal colada no patio do Pablo VI (A Rúa) para celebrar o Día da Poesía

Publicidade

 

Mañá, luns 21 de marzo, é o Día Mundial da Poesía e no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa queren celebralo dun xeito moi orixinal, vsitoso e dinámico: cunha colada poética no patio do centro.

Sobre as prendas de vestir tendidas ondean ao vento poemas e pasaxes inmortais para dar a benvida á primavera. “Poesía para cambiar o mundo da man da Xeración do 27, poesía para dicir NON Á GUERRA da man de Miguel Hernández, poesía… porque a poesía permite tolerar e comprender a aqueles que viven situacións distintas”, din dende o centro, convidando aos alumnos a ler o seu poema.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button