OurenseÚltima hora

Unha persoa é trasladada en helicóptero tras caer dun tellado en Monterrei

 

Esta tarde unha persoa era evacuada en helicóptero ao centro hospitalario de referencia tras caer do tellado do seu domicilio en Monterrei, segundo informa o 112 Galicia. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

O aviso chegou ao 112 Galicia a través dos servizos sanitarios, á súa vez alertados por un familiar do accidentado contra as 15:45 horas. Axiña, os xestores do 112 solicitaron a colaboración da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Cualedro-Monterrei. “Foron estes últimos os que sinalaban que o home foi finalmente trasladado en helicóptero ao hospital”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button