ConcellosÚltima hora

Unha persoa falecida e outra ferida nun accidente entre un coche e un camión, en Lugo

 

Na tarde deste martes 6 de agosto, unha persoa perdía a vida e outra resultaba ferida tras un accidente entre un coche e un camión en Lugo, tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que o sinistro producíase na LU-530, entre o quilómetro 11 e 12, ao seu paso pola parroquia de Gondar (Lugo).

Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia ás 18:15 informando do accidente. “Na súa comunicación indicaban que un camión en un coche colidiran frontalmente”, indican os xestores, engadindo que segundo a información recabada “o camión transportaba madeira, pero no momento do accidente atopábase baleiro, pola súa banda no coche ían dúas persoas que precisaban asistencia sanitaria urxente”.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitaban a intervención do persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Lugo informando tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

“Malia os esforzos por parte do persoal sanitario, unha persoa perdeu a vida e outra resultou ferida”, lamentan.

Artigos relacionados

Back to top button