OurenseÚltima hora

Unha persoa perde a vida e 2 resultan feridas nun accidente na OU-0215 na Arnoia

 

Ao fío das 11:30 horas deste 9 de abril producíase un accidente de tráfico no quilómetro 25 da OU-0215, na Arnoia. Un vehículo, no que viaxaban tres persoas, saíase da vía e caía por un terraplén, quedando envorcado, segundo informa o 112 Galicia.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia e da Garda Civil de Tráfico. Á súa vez, foron informados os servizos de mantemento da estrada. “O persoal sanitario comunicaba instantes despois que estaba a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense”, matiza o 112 Galica.

Mentres, os servizos de emerxencias traballaban con celeridade para excarcerar a dúas persoas, non obstante, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida dunha delas, que viaxaba no asento do copiloto, segundo a información do 112 Galicia. Os dous ocupantes restantes foron trasladados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button