A RúaConcellosÚltima hora

Unha persoa pide auxilio tras unha agresión na vila da Rúa

 

O 112 Galicia atendía esta noite varias chamadas por unha persoa que pedía axuda na vía pública na vila da Rúa, tras sufrir unha agresión. Pasaban poucos minutos das doce da noite cando comezaba a recibir as primeiras comunicacións “por unha persoa que pedía socorro na rúa da Silveira. Entre berros, aseguraba que sufrira unha agresión, e mesmo un dos alertadores ao 112 indicou que lle estaba a practicar un torniquete co fin de deter a hemorraxia”, citando a información feita pública polo 112 Galicia.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para proporcionarlle os coidados necesarios ata o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia. “O ferido foi evacuado ao hospital de referencia con lesións provocadas por unha arma”, segundo os datos o 112 Galicia.

Ademais, foron informados os axentes de seguridade, en concreto, “os membros da Policía Local e da Garda Civil, que enviou unha patrulla”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button