OurenseÚltima hora

Unha persoa resulta atropelada polo seu propio tractor no municipio de Bande

 

Pouco antes das 13:30 horas deste domingo un home resultaba alcanzado polo seu propio tractor na aldea de Quintela, en Ribeiro. “O ferido foi atropelado polo vehículo, que deixara acendido e ao que lle estaba a comprobar a batería. Foi evacuado consciente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, segundo informa o 112 Galicia.

Neste operativo colaboraron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e o GES de Muíños. “Foron precisamente estes últimos os encargados de liberar ao implicado, atrapado entre dúas rodas e que presentaba feridas en diferentes zonas do corpo”, tal e como apunta o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button