ConcellosSen categorizarÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Fontei (A Rúa)

 

Arredor das tres e cuarto desta tarde de mércores 3 de xullo producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 no cruce de Fontei (A Rúa). Un vehículo saíase da vía e batía contra o valado da estrada.

Como resultado do sinistro resultaba ferida a condutora do coche, que era trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, así como a Policía Local da Rúa, a Garda Civil e o 061.

 

Artigos relacionados

Back to top button