ConcellosRubiáÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Rubiá

 

Pasadas as 22:30h deste sábado 29 de abril producíase un accidente de tráfico na entrada a Rubiá. Un vehículo que circulaba pola estrada en dirección á vila impactaba por detrás con outro que estaba aparcado, e que chocaba a súa vez cunha farola, segundo as primeiras informacións. Como resultado do sinistro o condutor resultaba ferido.

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, o 061-Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico. A persoa ferida era trasladada para recibir atención sanitaria no Hospital Público de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button