ConcellosÚltima horaVilamartín

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na N-120 á altura de Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Novo accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras. Na mañá deste mércores 3 de xullo producíase un sinistro nesta estrada no que se vían implicados dous vehículos.

Pasaban das 10:45h. cando o 112 Galicia recibía o aviso dunha colisión entre un turismo e un camión portacoches na estrada N-120 ao seu paso por Arcos. “Foi a propia condutora do turismo a que avisou do accidente a un familiar que despois se puxo en contacto con nós”, din dende o 112, indicando que a persoa implicada necesitaba asistencia sanitaria, “non así o camioneiro”, puntualiza.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaban a Urxencias Sanitarias, bombeiros e GES Valdeorras, sendo o propio GES quen indica que “a persoa ferida era trasladada en ambulancia ata o hospital”.

Malia que o accidente non dificulta o tráfico “si quedaba algún resto na estrada que compre retirar”, din dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button