Pasadas as tres da tarde deste 17 de outubro producíase un choque con tres vehículos implicados moi preto do Parque Tecnolóxico, na OU-537, no termo municipal de Pereiro de Aguiar. O accidente obrigaba a mobilizar aos equipos de salvamento por unha muller que quedou atrapada tras o sinistro.
Deste xeito, acudiron os membros do GES de Pereiro de Aguiar e os Bombeiros de San Cibrao e liberaron á persoa ferida para o seu posterior traslado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, segundo informa o 112 Galicia, que tamén matiza que malia que a muller “ía consciente, resultou ferida de gravidade e mostraba moita dor”.
En total, foron tres os vehículos implicados, tal e como confirmaron ao 112 Galicia os axentes da Garda Civil de Tráfico, que tamén acudiron ao lugar dos feitos tras o aviso do 112 Galicia