OurenseÚltima hora

Unha persoa sufre queimaduras por mor dun lume nunha leira en Carballeda de Avia

 

Na tarde deste martes 16 de xullo unha muller sufría queimaduras por mor dun lume nunha leira a carón da súa vivenda en Carballeda de Avia, tal como informan dende o 112 Galiciam especificando que o lume rexistrouse a escasos metros da vivenda da implicada e estaba xa apagado cando chegaron os servizos de emerxencias.

Minutos antes das 15:30 horas, o persoal sanitario contactou co 112 Galicia e informou dos feitos, acontecidos no lugar de Fornelos, pertencente á parroquia de Abelenda das Penas. Segundo explicaban na súa comunicación, “a muller precisaba asistencia sanitaria ao sufrir queimaduras nos brazos e no rostro”. Pouco despois, os xestores do CIAE-112 Galicia puideron contactar coa propia implicada, que foi atendida e posteriormente trasladada en ambulancia polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

No lugar estiveron Urxencias sanitarias de Galicia-061, o persoal do distrito forestal da zona, dependente da Consellería de Medio Rural, o GES de Ribadavia e os axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button