Novo accidente de tráfico nas estradas ourensás na xornada deste mércores 2 de abrill. Apenas dúas horas despois da saída de vía en Freixido (Larouco), unha persoa tiña que se excarcerada tras unha colisión entre dous turismos na Pobra de Trives, tal como indican dende o 112 Galicia, exlicando que o accidente rexistrábase no quilómetro 70 da OU-536, e o GES de Castro Caldelas “liberaba á persoa, que era trasladada en ambulancia ao hospital”.
Os feitos producíanse en torno ás 17:15 horas. “Un particular informaba da colisión, explicando que un dos turismos acabou envorcado. Naquel momento, as persoas que estaban no lugar trataban de axudar aos implicados a saír dos vehículos”, explican dende o 112, indicando que no operativo participban Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Castro Caldelas, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives.
“Cando chegaron, os efectivos do GES excarceraron á persoa ferida, tralo que se encargaron das tarefas de limpeza da vía”, conclúen dende o Centro de Emerxencias.