Arredor das cinco desta tarde producíase un accidente de tráfico entre un camión que transportaba tellas e un turismo na estrada OU-0412, na parroquia de Anllo, no concello ourensán de San Amaro.
Un particular alertaba ao 112 Galicia do suceso, dende onde se informaaba ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos Bombeiros do Carballiño e á Policía Local.
Xa no lugar do accidente, “foi o propio persoal sanitario quen solicitou un equipo de excarceración xa que, segundo sinalaban, non conseguían abrir a porta do turismo. Así, unha vez no lugar do accidente, os Bombeiros do Carballiño, procederon á excarceración e liberaron ao ocupante do vehículo, que foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, segundo informan dende o 112 Galicia.
Ademais, tamén acudiron a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas, que se encargou da limpeza da vía.