ConcellosLazaÚltima hora

Unha persoa tivo que ser atendida tras sufrir unha picadura de avespa en Laza

 

Na mañá deste luns 13 de maio unha persoa tivo que ser atendida tras sufrir unha picadura de avespa en Laza, tal como informan dende o 112 Galicia, puntualizando que o suceso tiña lugar pouco antes das 8 horas nunha vivenda do lugar do Castro.

“O implicado perdeu a consciencia tralo suceso e o 112 Galicia foi informado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, indican dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que, nada máis ter constancia dos feitos solicitaban a acción do GES de Laza, cuxos membros se desprazaron ao punto a bordo dunha ambulancia.

Artigos relacionados

Back to top button