CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Unha ponte con música en directo, no Bravo Lux da Rúa

La Mosca Valiente.

 

O Bravo Lux, na Rúa propón o mellor plan para esta ponte de decembro. Tres días de auténtica loucura, cun comezo espectacular xa este 5 de decembro coa  Salse Party. “A festa máis tola do norte de España, con azafatas, merchandising, chupitos gratis e moitas sorpresas máis”. Pilotarán a nave os DJ Jairo Ortal e Toni Canha e a entrada será de 3 euros.

Para os días 6 e 7 de decembro están previstas as actuacións de Dos En Punto e La Mosca Valiente. Dous duetos facendo versións que xa pasaron polo Bravo Lux, anos atrás, e nos dous casos cun gran sabor de boca.

 

 

Dos En Punto está integrada por Hugo Torreiro e Carlos Bau, dous musicos que unen forzas e festa nun espectáculo para todos os públicos onde repasan os grandes éxitos do pop español de todas as épocas. Trátase dun proxecto no que levan traballando dende hai máis de seis anos e co que xa percorreron gran parte da xeografía galega. No seu repertorio, temas de Los Secretos, Nino Bravo, Estopa, Melendi, Amaral, Alaska, Hombres G ou a mesmísima Rocío Jurado. A actuación será mañá día 6 a partir das 20 horas.

 

 

O que máis caracteriza a La Mosca Valiente é que leva ao límite o formato acústico. Marcos e Rodrigo fan vibrar ao público e sorprenden cunha proposta orixinal, moi tola e fóra do común en formacións de versións. Cun repertorio ecléctico, e no que abranguen cancións de onte, hoxe e sempre, prometen festa rachada. O seu concerto será o xoves día 7 ás 21:30 h.

E pensando nos universitarios, pero non só para eles, chega outra festa nocturna o xoves 7 de decembro ás 00:30 h. Ao mando da cabina estará, neste caso o DJ Luismi. Entrada gratuíta.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button