CulturaCulturaÚltima hora

Unha trintena de poetas reúnense esta fin de semana no 34º encontro, na Rúa

 

Cunha triple homenaxe (a Florencio Delgado Gurriarán, José María González García e Mar Blanco Gómez) e trala paréntese pola pandemia, o Encontro de Poetas do IEV celebra na Rúa a súa 34ª edición.

En torno a 30 poetas danse cita esta fin de semana no acto cultural celebrado un ano máis no salón de actos do antigo colexio Virxe de Fátima, con moitas caras coñecidas. O encontro comezaba na tarde deste venres 8 de xullo coa homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e a lectura dos poemas de doce líricos, entre eles os de Mª Emma Fernández e Víctor López da Rúa, Manuela Vicente de Viana do Bolo ou Elogio Gavela do Barco.

 

Mª Carmen Gago e Emilio Vega.

 

A xuntanza continurá mañá a partires das oito e media da tarde coa homenaxe a dous poetas da casa recentemente falecidos (José María e Mar) co recital dunha vintena de poetas, entre eles os organizadores, Mª Carmen Gago Florenti e Emilio Vega, coa posterior cea de confraternización.

O apartado musical desta edición do encontro corre por conta do cantante e pintor José Luengo de Bembibre que cantou na primeira xornada incluíndo un poema adicado a Florencio; e da Rondalla Sones del Cúa de Cacabelos, que actuará mañá.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button