CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Unha viaxe pola enogastronomía galega, no “Especial Nadal” de O SIL

 

Dende hai uns días xa está na rúa o “Especial Nadal 2021” do Periódico O SIL, con preto de 60 páxinas a cor e cunha ampla e variada información sobre as diferentes actividades coas que se vai celebrar este Nadal, novamente atípico en diferentes concellos da Galicia interior: dende beléns, obradoiros, concertos, teatro ou cine ata as visitas do Pandigueiro ou dos Reis Magos. Tamén se inclúen interesantes artigos de opinión, a cuxos autores agradecementos a súa colaboración dende estas liñas.

Ademais, cada ano neste número especial de Nadal acostúmase tratar un tema de forma monográfica. Nel proponse, nunhas datas tan especiais en termos gastronómicos como as do Nadal, unha viaxe a través das principais referencias culinarias coas que se ten ido fraguando ao longo dos séculos a rica tradición gastronómica galega. Dende os antigos fogares castrexos ata as cociñas dos actuais chefs ourensáns, percorrendo a memoria culinaria da Galicia interior, a súa importancia social, cultural e tamén simbólica.

Ao longo das súas páxinas afondamos na historia, evolución e singularidades da tradición culinaria deste territorio a través dunha serie de reportaxes e de dúas entrevistas con expertos (o historiador Xavier Castro e o doutor Aniceto Charro) que poñen en valor a chamada “Dieta Atlántica do Sur”, cunha serie de produtos propios e de gran calidade.

Artigos relacionados

Back to top button