DeportesÚltima hora

Unhas 300 motos participarán no I Enduro Eurocidade Chaves-Verín

A proba, puntuable para a Liga Galega de Moto de Campo celebrarase este domingo a partires das 11h.

Este domingo 19 de marzo, celébrase o I torneo Enduro Eurocidade Chaves-Verín, organizado de forma conxunta pola Eurocidade Chaves-Verín, os equipos Melicias Team (Portugal) e o ACARD Moto de Campo (Galicia).

O torneo, acordado mediante convenio de colaboración transfronteirizo asinado hoxe entre as tres partes implicadas, foi presentado na sede da Eurocidade Chaves-Verín nun acto no que participaron o alcalde de Verín e concelleiro de Deportes, Gerardo Seoane; membros dos Clubs Melicias Team (Portugal) e ACARD Moto de Campo (Galicia); e Carlos Penas, vicepresidente da Cámara de Chaves e vereador de Deportes.

A hora aproximda do inicio da carreira, que sairá da sede da Eurocidade en Feces, será as 11h. e o remate será en torno as 17:30h. en Chaves (ámbalas dúas en horario portugués). A modalidade da competición na que se espera a participación dunhas 300 motos, é o enduro, unha proba a velocidade media imposta que se desenvolverá total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación normal na zona raiana da Eurocidade Chaves-Verín. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, que serven para o establecemento da clasificación xeneral da proba.

O “I Enduro Eurocidade Chaves – Verín 2017” será puntuable para a Liga Galega da Moto de Campo, ademais de formar parte do Trofeo Luso-Galalico de Moto de Monte 2017, na parte portuguesa.

Asemade, a praza García Barbón de Verín acollerá o día previo ao torneo (sábado 18 de marzo) entre as 18 e as 19 horas, unha exhibición de motos participantes, seguida por un percorrido pola vila de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button