Hoxe está a ser un gran día en San Xoan de Río onde se rende unha especial homenaxe á figura do emigrante con tres actos centrais.
O primeiro era a homenaxe que o Concello lle facía a José Rodríguez Rodríguez no salón de Plenos. O segundo a I Feira de Arraigo á Terra, un evento único que busca promover aos produtores locais que forman parte do proxecto e dar a coñecer o innovador marketplace con postos de venda dunha ampla variedade de produtos locais de alta calidade. Os asistentes puideron degustar pan, bica, viños e meles, así como coñecer distintos produtos naturais feitos na terra, ademais, haberá de áreas de picoteo con deliciosas degustacións para que todos poidan saborear o mellor da nosa rexión, antes do xantar.
O terceiro acto era a II Festa da Tenreira de Río que xuntaba no pavillón municipal a unhas 500 persoas que da man de Mantesil, degustaban un menú a base de embutidos ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e cunha sobremesa de bica, xunto con bebidas, café e chupitos.
Amenizado musicalmente pola Charanga Nova Trives, o xantar contaba tamén coa participación de numerosas autoridades, entre elas alcaldes da contorna (de Manzaneda, Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e ata Ourense, entre outros), a xerente do Inorde Emma González, o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, entre outros moitos.
O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Superstar.
Fotos: O SIL.
Máis información e fotos:
O Concello de San Xoán de Río concede a José Rodríguez a I Homenaxe á Emigración