CulturaCulturaÚltima hora

Unhas 60 persoas desfrutan en Vilariño de Conso do I ‘Festival Origen’

 

Organizada por Origen e coa colaboración da Asociación Destino Vilariño e o Concello, Vilariño de Conso acollía esta fin de semana a primeira edición dun festival que mestura ioga, benestar e enerxía, “unha nova forma de vivir máis conectada ao noso ser e á Nai Natureza” que reuniu a profesores con diferentes formas de atopar esa conexión, a través da música, da danza, do ioga, da pintura ou do reiki entre outras propostas  distribuídas en seis espazos.

 

 

“Un amplo abano de actividades para atopar aquilo que vos vibra e que vos pode servir para mellorar a vosa vida”, puntualizan dende a organización que desfrutaron unhas 60 persoas a pesar do temporal que obrigaba a modificar parte do programa como os baños de natureza entre castiñeiros con meditación guiada que cambiaron por “Constelacións Camiliares”, tal como indican dende a organización.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button