EconomíaEconomíaÚltima hora

Unións Agrarias anuncia mobilizacións ante “a falta de solucións contra a EHE”

A organización sindical fixa o vindeiro día 20 como inicio do calendario de protestas

Unións Agrarias vén de emitir un comunicado no que anuncia que o vindeiro día 20 de setembro se mobilizará en Santiago “de non concretarse de maneira urxente un panel de medidas que atallen o descontrol da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica(EHE), que está levando a unha situación límite as explotaciónsde vacún de carne e de leite de Galicia”.

A organización apunta que o vindeiro 8 de setembro “remata a prórroga que permite o movemento de animais sen estar vacinados contra a doenza da lingua azul, polo que todas as explotacións que teñan animais afectados pola EHE, e que polo tanto non poidan vacinar contra a lingua azul, quedarán bloqueadas semanas coas perdas que iso leva para cada granxa. A falta de protocolos claros por parte da Consellería do Medio Rural na xestión da EHE e por outro lado a inacción tanto da Xunta como do Ministerio de Agricultura á hora de publicar as axudas está levando, nestes momentos a 27 comarcas gandeiras a unha situación límite, neste sentido destaca a grave afectación na montaña lucense de máis de cincuenta explotacións que por distintos motivos non puideron vacinar de lingua azul “.

Neste senso, dende Unións Agraria íntase á Xunta de Galicia a “actualizar os importes das indemnizacións por EHE de xeito que se cubran tanto a totalidade dos custos ocasionados polo tratamento desta doenza como a desinsección nas explotacións, os abortos e o lucro cesante, xa que as perdas e mermas de produción, tanto en leite como en carne, se producen dende o momento que os animais se contaxian de EHE. A día de hoxe o importe que un gandeiro galego recibe en caso de morte dunha vaca por EHE oscila entre os 286,89 e os 661,29€, dependendo da raza e idade do animal. Porén, a aportación da Xunta de Galicia limítase aos casos de morte, e non está a cubrir ningún dos gastos que a doenza ocasiona nas explotacións. Algo que si fan xa outras Comunidades”.

Back to top button