EconomíaEconomíaÚltima hora

Unións Agrarias reúnese cos gandeiros de Viana para falar sobre as axudas da PAC

 

Na tarde do 8 de outubro tiña lugar na Casa da Cultura de Viana do Bolo unha charla organizada por Unións Agrarias e dirixida a gandeiros para falar sobre as axudas da Política Agraria Común (PAC). No acto interviñan María Páez, responsable comarcal do sindicato en Viana; Roberto García, secretario de Unións Agrarias en Galicia; Jesús e Julián técnicos do sindicato.

Roberto García sinalaba a necesidade de conseguir que “a Xunta de Galicia se comprometa a reasignar os fondos pendentes de gasto do PDR ao pago a pequenas explotacións de montaña e agroambientais” para que, dese xeito, “non haxa un parón de catro anos no que veñades cobrando. Se non se fai nada para remedialo esas axudas veranse paralizadas de 2021 a 2023, e o futuro de moitas familias depende delas”.

Ademais dende este sindicato tamén se aseguraba que, “se queremos un reparto de fondos xusto, é fundamental conseguirmos que este se realice a nivel estatal e que se ligue á actividade. Só así conseguiremos unha Política Agraria Común que realmente contribúa a fixar poboación e a manter o rural vivo que queremos”.

Fotos: Unións Agrarias.

Artigos relacionados

Back to top button