DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 150 cativos participan no Torneo Roscón de Reis de Fútbol Sala, no Barco

Entre o 4 e 5 de xaneiro despútanse máis de corenta partidos no pavillón vello

Despois do campionato de voleibol que xuntou a numerosos deportistas no pavillón vello do Barco de Valdeorras, tócalle o turno ao fútbol sala.

Uns 150 cativos, 26 equipos, 41 partidos en cinco categorías e premio para todos. Son os datos do Torneo 3×3 Roscón de Reis organizado polo Club Los Tres Cuñados F.S. en colaboración co Concello do Barco que botaba a andar na tarde do 4 de xaneiro, dentro da programación deportivo de Nadal.

En torno ás 15h. comezaba a competición para os prebenxamíns, benxamíns e infantís/ cadetes. Ata as 20h. disputádose partidos de forma ininterrumpida ata a entrega dun Roscón de Reis para cada equipo participante. “5 horas de diversión, partidos, convivencia e participación”, aseguran dende a organización.

O torneo continúa mañá, venres 5 de xaneiro, a partires das 9 e ata as 14 horas co protagonismo indiscutible para os alevíns que pasarán a mañá xogando e divertíndose cos compañeiros.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button