DeportesFútbol salaÚltima hora

Uns 150 estudantes de Verín reúnense coa selección española feminina de fútbol sala, campioa de Europa

 

O pavillón do Complexo Deportivo de A Granxa acollía neste luns 6 de novembro un acto escolar-deportivo no que as xogadoras, e a súa seleccionadora, Clàudia Pons, compartiron as súas experiencias como deportistas profesionais cos máis de 150 nenos e nenas procedentes de varios centros escolares de Verín.

As xogadoras da selección española, acompañadas so seu equipo técnico, foron recibidas no pavillón por Samanta Barreira, en representación da concellería de Deportes do Concello de Verín; polo presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto; e por Pedro Munaret, en representación da RFEF.

Os estudantes, procedentes dos CEIP Princesa de España e Amaro Refojo e o CPR María Inmaculada, tiveron a oportunidade de facerlle unha serie de preguntas e coñecer de primeira man as súas valiosas experiencias como xogadoras profesionais; achegándolle así o apaixonante mundo do fútbol sala á próxima xeración de deportistas da nosa comunidade.

As deportistas profesionais tamén quixeron aproveitar a ocasión para facerlle a ao Concello de Verín un obsequio moi especial, unha camiseta oficial firmada por todas as integrantes do equipo.

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará o día 7 de novembro un partido amigable en Verín, logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou co concello.

Catro galegas na convocatoria

A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os día 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente. Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria:

Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla)
Ale de Paz (Poio Pescamar)
Luci Gómez (AE Les Corts UBAE)
Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)

Artigos relacionados

Back to top button