DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 60 participantes na IV Carreira de San Bartoliño en Trives

As saídas íanse dando a partires das sete da tarde do 19 de agosto dende a Praza de Abastos

Cunha notable asistencia de atletas e público desenvolvíase na tarde do 19 de agosto a cuarta edición da Carreira de San Bartoliño en Trives. Tomaban a saída na cita preto de 60 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 14 anos.

O evento, organizado pola Concellería de Deportes, principiaba ás sete da tarde dende a Praza de Abastos da vila, na Rúa San Martín, se ben xa dende media hora antes eran varias as familias que se ían achegando para anotar aos máis pequenos na proba.

Despois, os corredores íanse colocando, por categorías, na liña de saída de cada unha das carreiras. A distancia tamén se establecía en función das idades dos participantes. A de San Bartoliño é “unha carreira que se repite por cuarto ano, acollendo cada vez a maior número de asistencia e na que todas e todos os participantes levaron a súa medalla”, segundo se informa dende o Concello de Trives. Estas medallas eran entregadas polo alcalde trivés, Domingo Diéguez, e polo concelleiro de Deportes, Octavio Domínguez.

Dende o Concello tamén se felicitaba publicamente a Belén Fernández Corbacho e a Tino Sierra “pola organización e unha vez máis, damos as grazas á Policía Local e á Protección Civil polo seu traballo facendo que todo saia ben”.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button