CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Uns madrugadores Reis Magos fan parada en Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Cargados de caramelos chegaban os paxes de Melchor, Gaspar e Baltasar a Arcos na mañá deste sábado 4 de xaneiro.

 

 

Era a primeira parada dos madrugadores Reis Magos que despois de saudar aos veciños, repartir caramelos e recoller as cartas dos cativos, continuaban o seu percorrido por algúns pobos do concello de Vilamartín de Valdeorras como Portela ou Córgomo.

 

 

As últimas paradas, xa en Vilamartín, tiñan lugar na praza José Luis Núñez e no VilaNadal, no pavillón do Bañadoiro.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button