EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Uvas, mostos e viños, protagonistas do curso de cata da Ruta do Viño de Valdeorras

Desenvolvíase na pasada fin de semana coa participación dunhas 18 persoas

 

Unhas 18 persoas participaban na pasada fin de semana no curso de cata de uvas e viños “Del uva tal viño”, novamente organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras. A actividade desenvolvíase principalmente no Complexo Hostaleiro Palladium de Vilamartín, onde os asistentes coñecían os principais conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración de viños nunha xornada eminentemente práctica (mañá e tarde do 1 de outubro) e guiada polo director técnico do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira.

 

 

Por unha banda catábanse uvas, mostos e viños brancos da D.O. Valdeorras e, pola outra, tintos. Na xornada do día 2 de outubro tiña lugar unha visita e cata aos viñedos na adega Vírgen del Galir de Éntoma e concluíase cunha comida ás 14:30 no Mesón Museo.

Dende a organización da Ruta do Viño de Valdeorras vén de amosarse o seu agradecemento ao Paladium, á Adega Virgen del Galir,  onde os participantes puideron catar mosos, así como ao Mesón Museo. “Tamén queremos agradecer a todos os participantes e á D.O. Valdeorras pola súa colaboración para poder ofrecer unha experiencia de calidade”. Ademais adiantan que se segue a traballar para poder ofrecer dende a Ruta do Viño de Valdeorras novas e interesantes experiencias.

Fotos: Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button