EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

UXT asina en solitario o convenio laboral da lousa

Estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 e inclúe unha suba salarial do 5,25% en tres anos

O secretario xeral da FICA-UXT de Galicia, Javier Carreiro./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste xoves 17 de xuño asinábase o novo convenio laboral da lousa. Un documento que rubricaba en solitario UXT (co 80% de representación do sector) e que pasa a ser de ámbito autonómico. “Ata agora só afectaba ás provincias de Ourense e Lugo e unha das proposta que levamos á mesa foi que tiña que afectar a toda Galicia porque algunhas louseiras están na Coruña, concretamente en Ortigueira e pensamos que debían rexer as mesmas normas para todas”.

Así o explicaba en rolda de prensa o secretario xeral da FICA-UXT Galicia, Javier Carreiro, que participaba este ano por primeira vez na negociación, asegurando que neste momento tan complicado priorizaron o mantemento dos postos de traballo. “Estamos nun momento crítico para o sector industrial polo que o máis importante son os postos, sen haxa perda económica por parte dos traballadores e traballadoras do sector” conseguindo un incremento salarial do 5,25% en tres anos. O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2023 e a efectividade económica será o 1 de xullo. Para este 2021 ten un incremento do 1,5%, para o 2022 do 1,75% e para o 2023 o 2%. “Podo dicir que é un convenio cunha suba salarial bastante por riba do que se está asinando”, asegura Carreiro.

 

Javier Carreiro durante a rolda de prensa na sede de UXT en Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Outro tema fundamental para UXT e que por fin queda recollido no convenio é “que imos solicitar á Administración Autonómica que se cree o Centro de Silicose de Galicia para que os traballadores do sector non teñan que desprazarse a Oviedo para ser diagnosticados”. A ese respecto, o secretario xeral puntualiza que CIG e CC.OO. valoraron non asinar o convenio pero si están dacordo en sumarse a UXT na carta que lle remitirán á Xunta solicitando o devandito centro.

Tamén se incrementan as dietas. E con respecto ao tema dos permisos, queda como está “pero aclarando que todos os traballadores terán as horas necesarias para ir ao médico, xustificando a hora de entrada e a de saída do especialista, pero a toda aquel que non traia o xustificante non lle será abonado o día”.

Con respecto aos aspectos que quedaron pendentes, están “a recuperación de certos temas que se perderon como a cobertura en caso de accidente laboral que pasou de ser do 100% ao 90 e tamén regular a xornada porque todos a teñen regulada e a lousa non e hai que ir actualizándoo. Tamén queda poñer en marcha o convenio marco”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button