CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

V Concerto das Letras Galegas do Orfeón Vianés, o 25 de maio en Viana

O Orfeón Vianés nunha actuación  dun ano anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con música conmemorará as Letras Galegas deste 2024 o Orfeón Vianés. Será cun concerto, que vai xa pola súa quinta edición, previsto para o 25 de maio ás 19:30h. na Casa da Cultura de Viana do Bolo. Nesta cita, o Orfeón Vianés estará acompañado pola Coral Polifónica Beato Sebastián Aparicio da Gudiña e polas pandereteiras da Asociación Cultural Abaneo de Viana.

 

Back to top button