Enfocada na realización de eventos músicais de calquera índole e co obxectivo de organizar diferentes accións durante o ano, tanto na comarca de Valdeorras como no resto de Galicia e España, nace GOOM, unha promotora de eventos de nova creación que organiza para para o mes de agosto “o maior festival urbano da provincia”, aseguran os seus promotores.
GOOM Urban Edition, o primeiro festival organizado por GOOM, é unha festa ambientada en música urbana e electrónica, “o único festival de música urbana realizado na comarca de Valdeorras”, puntualizan dende a promotora, avanzando que se celebrará nos exteriores de Complexo Hostaleiro Paladium (Vilamartín de Valdeorras), o día 15 de Agosto, contando cun total de doce dj´s nacionais e tres locais, “entre os que podemos atopar grandes figuras do xénero urbano e electrónico como PabloNez, Sevi Sanchez ou TaydLeon”, din.
Ademais, dentro do propio recinto contarán con zonas de descanso, para comer e relaxarse vendo as panorámicas de Valdeorras. “A nosa intención en crear un espazo máxico no que os mozos poidan gozar dunha tarde/ noite de música e bo ambiente na comarca”, asseguran dende GOOM.