Segue á baixa a curva do coronavirus en Valdeorras. Neste sábado 12 de xuño a comarca rexistra 11 casos activos, 5 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.
No Barco contabilízanse 8 positivos, o que supón 5 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello que continúa en >10 e ≤25 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días.
En cambio, Vilamartín de Valdeorras rexistra 2 positivos, 1 máis que onte, mentres que Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo e A Rúa, que onte tiña 1 caso activo, hoxe queda libre de virus. O resto dos concellos da comarca seguen así mesmo libres de virus.
1 positivo nos centros educativos da comarca
Baixan ademais os casos activos de Covid nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Tan só queda 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa do Barco, mentres que o IES Cosme López da Rúa, que ata onte tiña 1 positivo, nesta xornada queda libre de virus, segundo o listado da Xunta.