En portadaÚltima hora

Valdeorras chega aos 154 casos de Covid, 48 máis que o pasado venres

A Rúa é o municipio que rexistra un maior aumento con 29 positivos máis, segundo os datos do Sergas

Unha das entradaas á Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúa á tendencia á alza nos casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 13 de decembro un total de 154 positivos por coronavirus (48 máis que o pasado venres, cando se facían públicas as anteriores estatísticas), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Case todos os municipios experimentan un aumento de casos positivos, se ben destaca o incremento rexistrado na Rúa, que duplica as súas cifras ao pasar dos 26 positivos do pasado venres a 55 neste luns, o que supón 29 máis.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tamén medran os casos no Barco con 41 positivos (7 máis que o venres), no Bolo con 12 (7 máis que o venres), Petín ten 7 (2 máis que o venres), Rubiá con 1 positivo (ata o de agora estaba libre de virus) e Vilamartín con 5 positivos (4 máis que o venres).

Mantéñense os casos en Larouco con 11 positivos (os mesmos que o venres) e en Carballeda de Valdeorras con 2 positivos.

Por contra, baixan no concello da Veiga con 20 positivos (2 menos que o pasado venres).

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 1 ingreso por Covid en planta,  1 menos que o pasado venres.

Artigos relacionados

Back to top button