ConcellosÚltima hora

Valdeorras chega aos 163 casos activos de Covid, 29 máis que onte

O Barco continúa sendo o concello que concentra máis número de casos na comarca

Panorámica de Vilamartín.

 

A curva do Covid continúa en ascenso en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 163 casos activos, o que supón 29 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 15 de xullo.

No Barco son 139 os positivos, o que significa un ascenso de 27 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos en Vilamartín que suma 9, 2 máis que onte.

No resto de concellos da comarca mantéñense as cifras de onte: Petín ten 1 positivo, Rubiá ten 5 positivos, A Rúa 4, A Veiga 2 e en Carballeda 3. O resto de municipios non rexistra ningún positivo.

Artigos relacionados

Back to top button