“Verín non se pecha!”. Era a frase que coreaban as numerosas persoas que se concentraban ás 12h. deste 17 de decembro na entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras. Con este acto pretendían amosar ao seu apoio aos veciños da comarca de Verín e tamén a súa defensa dunha “sanidade pública e digna” no rural.
Durante a concentración cortábase por uns momentos a estrada na avenida Conde Fenosa do Barco, xunto ao centro hospitalario. Esta concentración ten sido convocada dende a Plataforma Sanitaria de Valdeorras, que tamén tiña previsto participar na manifestación celebrada esta mesma mañá en Santiago fronte ao Parlamento co lema “Verín non se pecha”.
Fotos cedidas.
One Comment