En portadaÚltima hora

Valdeorras mantense en 163 casos activos de Covid

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Estabilidade nesta xornada nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 163 positivos por coronavirus, a mesma cifra de onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

O único concello valdeorrés que rexistra un incremento de casos é O Barco con 91 casos activos, 2 máis que onte. Por contra baixan os positivos na Veiga, con 1 caso activo (1 menos que onte), e en Vilamartín con 5 (1 menos que onte)-

No resto de municipios da comarca mantéñense os datos de onte: O Bolo ten 3 positivos, Carballeda 18, Larouco 2, Petín 8, A Rúa 30 e Rubiá 5.

No que se refire aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 4 hospitalizacións en planta, o que supón unha menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button