
O deste 2024 será un verán cargado de campus deportivos. De fútbol (masculino e feminino), de fútbol sala, multiaventura e tamén de pádel.
Dende Valdeorras Pádel Academy organizan para o mes de xullo o I campus de iniciación, para nenos de 9 a 14 anos e prazas limitadas, no que haberá xogos, quecementos, introducción ao pádel, táctica e partidos.
Estará dividido en dúa quendas (do 8 ao 19 de xullo e do 22 de xullo ao 2 de agosto) en horario de 10:30 a 13:30 horas e contará con monitores titulados.
As inscricións poden realizarse no Pádel Club Valdeorras, no Barco, onde se desenvolverá o campus.




