En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 120 casos activos de Covid, 37 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Descenso nos casos activos de coronavirus nesta xornada en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 120 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 37 menos que onte, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade.

Os casos activos suben no Barco, cun total de 48 positivos (1 máis que onte), en Rubiá con 7 (1 máis que onte) e en Vilamartín con 11 (1 máis que onte). Por contra, os contaxios activos baixan notablemente na Rúa, que pasa de 73 a 37 (é dicir, 36 menos que onte), en Larouco que queda libre coronavirus (onte tiña 2 positivos), en Petín con 5 (1 menos que onte) e na Veiga que tamén fica libre de virus (onte tiña 1).

Os datos mantéñense no Bolo, que segue con 4 positivos, e en Carballeda con 8.

En canto aos ingresos por Covid no Hospital Público de Valdeorras, o centro continúa con 5 ingresos en planta, a mesma cifra de onte.

Artigos relacionados

Back to top button