
Leve descenso nas cifras de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 149 positivos, o que supón 2 menos que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
O único concello no que medran os positivos é A Rúa con 27 contaxios activos, 2 máis que onte. En cambio descenden os casos en Carballeda con 7 positivos (2 menos que onte) e en Rubiá con 5 positivos (2 menos que onte).
No resto dos municipios valdeorreses mantéñense os datos de onte: O Barco ten 88 positivos, Larouco 2 positivos, Petín 1 positivo, Veiga 2 e Vilamartín 17, mentres que O Bolo continúa libre de virus.
No que se refire ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras ten 8 ingresos en planta por Covid, as mesmas que onte.
