Lixera baixada nos positivos por coronavirus en Valdeorras. Na xornada deste venres 10 de xuño a comarca rexistra 46 casos activos de Covid, 2 menos que onte, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
Os concellos que experimenta unha leve baixa son o Barco c on 24 (2 menos que onte) e A Rúa con 12 positivos (1 menosque onte). No resto de concellos o número de casos mantense igual que onte. O Bolo con 1 positivo, Carballeda de Valdeorras que tamén ten 1 positivo, Larouco con outro positivo, Petín tamén ten 1, Rubiá ten 2, A Veiga ten 3 e Vilamartín ten tamén 1.
En canto ao Hospital Público de Valdeorras segue libre de Covid, segundo Sanidade.