ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 65 casos activos de Covid, 28 menos que o pasado venres

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Descenden os positivos por coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 65 casos activos de Covid, 28 menos que o pasado venres, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

O único concello que experimentan un leve incremento de casos é A Veiga con 3 positivos, 2 máis que o pasado venres. Por contra baixan os casos no Barco con 33 positivos (18 menos que o pasado venres), no Bolo con 1 positivo (1 menos que o pasado venres), Carballeda con 1 (1 menos que o pasado venres), na Rúa con 20 (6 menos que o pasado venres), en Rubiá con 4 (1 menos que o pasado venres) e en Vilamartín con 3 (3 menos que o pasado venres).

Ademais, os municipios de Larouco e Petín continúan libres de coronavirus.

En canto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 ingresos en planta por Covid, os mesmos que o pasado venres, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button