Descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 91 positivos, o que supón 58 menos que o venres, segundo os datos que vén de publicar a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Os casos baixan en todos os municipios de Valdeorras agás no Bolo, que ata agora estaba libre de virus, e agora contabiliza un positivo.
Por contra os contaxios activos baixan no Barco con 53 positivos (35 menos que o pasado venres), en Carballeda de Valdeorras con 3 positivos (4 menos que o venres), en Larouco que queda libre de virus (o venres tiña 2 positivos), en Petín que está tamén libre de virus (o venres tiña 1 positivo), na Rúa con 22 positivos (5 menos que o venres), en Rubiá con 4 positivos (1 menos que o venres), na Veiga con 1 (1 menos que o venres) e en Vilamartín con 7 (10 menos que o venres).
No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra neste martes 4 hospitalizacións en planta por Covid, 4 menos que o pasado venres, segundo Sanidade.