ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 93 casos activos de Covid, 13 máis que onte

 

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Tras varias xornadas de descenso os casos activos de Covid volven repuntar lixeiramente en Valdeorras. A comarca rexistra neste xoves 7 de abril un total de 93 positivos, o que supón 13 máis que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Os datos soben no Barco que contabiliza 40 positivos (6 máis que onte), no Bolo que ten 4 (1 máis que onte), en Larouco que volve contar con 1 caso logo de varios días libre de coronavirus, na Rúa con 21 (4 máis que onte) e Rubiá con 7 (2 máis que onte). Por contra baixan lixeiramente en Vilamartín que ten 15 (1 menos que onte).

Carballeda e A Veiga manteñen os mesmos casos que onte con 2 e 3 positivos, respectivamente. Petín continúa unha xornada máis libre de coronavirus.

Con respecto aos ingresos por Covid, o Hospital Público Valdeorras conta con 1 en planta, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button