En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra un 0,32% máis de participación que nas eleccións galegas do 2016

En cambio na provincia de Ourense a participacion baixa en case dous puntos con respecto a hai 4 anos

Unha das mesas electorais do Barco.

 

Arredor das 17:30h. facíanse públicos os datos de participación nas eleccións galegas rexistrados ás 17h. deste 12 de xullo. A esa hora en torno ao 43% dos electores galegos tiñan exercido xa o seu dereito ao voto, un dato moi similar ao de hai catro anos. Así, nas eleccións de 2016, a participación a esta mesma hora era de arredor do 42,4 por cento, tal e como sinalaba na súa comparacencia o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Por provincias a participación na Coruña é do 42,8 por cento (42,02 en 2016); en Lugo, do 41,8 por cento (42,7 en 2016); en Ourense, do 42,6 por cento ( o que significa un 18% menos que no 2016, cun 44,4%); e do 43,5 por cento en Pontevedra (42,3 en 2016).

A participación por comarcas

No caso das comarcas da provincia de Ourense, Valdeorras rexistraba ás 17h. unha participación dun 40, 66%, un 0,32% máis que no 2016. Nas Terras de Trives a participación era dun 39,69%, fronte ao 44,77% do 2016; na comarca de Verín dun 44,71% (47,41% no 2016), na de Viana dun 38,53% (43,15% no 2016), na Limia dun 44,89% (48,36% no 2016), na Baixa Limia dun 49,02% (48,98% no 2016), no Carballiño dun 44,75% (a mesma cifra que hai catro anos), no Ribeiro dun 48,86% (49,56% no 2016), Terra de Caldelas un 43,74% (45,57% no 2016), un 40,60% na comarca de Ourense (42,30% no 2016), un 46,61% en Terras de Celanova (49,83% no 2016).

Artigos relacionados

Back to top button