En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 816 casos activos por Covid, 69 máis que o pasado venres

Casco urbano da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que de maneira máis suave, segue a tendencia á alza nos casos activos por Covid en Valdeorras. Neste luns 17 de xaneiro a Consellería de Sanidade vén de notificar un total de 816 contaxios activos na comarca (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 69 máis que o pasado venres, cando facía públicos os anteriores datos.

Tan só hai dous concellos que rexistran diminución de casos con respecto ao venres, trátase do Barco con 453 positivos (5 menos que o venres) e Carballeda con 27 positivos (2 menos que o venres). No resto dos municipios da comarca hai aumento de casos activos. Así O Bolo ten 28 positivos (2 máis que o venres), Larouco 70 (28 máis que o venres), Petín 23 positivos (1 máis que o venres), A Rúa 107 (3 máis que o venres), Rubiá 63 positivos (33 máis que o venres), A Veiga 16 (6 máis que o venres) e Vilamartín 29 (3 máis que o venres).

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 8 ingresos da pacientes con Covid, o que significa 2 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button