En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 305 casos activos de Covid, 66 máis que o pasado venres

Panorámica de Vilamartín.

 

Repuntan os casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 305 positivos de Covid-19 (datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18h. de onte), o que supón 66 máis que o pasado venres 22 de abril, cando se facían públicos os anteriores datos.

Os casos aumentan en todos os municipios agás en Larouco, que continúa con 2 positivos. Así soben os contaxios activos no Barco que chega aos 120 (5 máis que o pasado venres), no Bolo con 7 (3 máis que o venres), en Carballeda con 11 (3 máis que o venres), en Petín con 7 (1 máis que o venres), na Rúa con 78 (2 máis que o venres), en Rubiá con 13 (4 máis que o venres), na Veiga con 5 (2 máis que o venres) e en Vilamartín con 62 (46 máis que o venres).

Tamén soben os ingresos, aínda que de forma máis leve que onte. O Hospital Público de Valdeorras rexistra un total de 16 ingresos en planta por Covid-19, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button