En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 384 casos de Covid, 27 máis que onte

Vista parcial dun dos núcleos de poboación de Vilamartín de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras un par de xornadas de descenso, neste xoves 5 de maio volve subir o número total de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca suma un total de 384 positivos (datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18h. de onte), o que supón 27 máis que onte.

Os casos activos aumentan en practicamente todos os concellos. O Barco ten 125 (2 máis que onte), O Bolo ten 7 (2 máis que onte), Carballeda de Valdeorras conta con 13 positivos (1 máis que onte), Petín ten 12 (2 máis que onte), A Rúa ten 68 (2 máis), Rubiá ten 20 (2 máis) e Vilamartín rexistra 131 (18 máis que onte).

O único concello no que baixan os casos activos é A Veiga que ten 3 (2 menos que onte). As cifras mantéñense igual que onte en Larouco que segue con 5 positivos.

Con respecto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 11 ingresos en planta por Covid, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button