A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras suma 49 casos activos de Covid, tras 2 novos positivos en Petín

 

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Lixeira repunta no número de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, que sobe ata os 49 positivos, 2 máis que onte, segundo comunica o Sergas neste domingo 18 de abril. Este incremento débese a 2 novos casos activos en Petín, que suma xa un total de 3, xa que ata agora só tiña 1. Así mesmo medra a incendencia acumulada deste concello a 7 días de >125 ≤250 e a 14 días de >150 e ≤250, segundo a Consellería de Sanidade.

No referente ao Barco rexístranse 23 casos activos, os mesmos dos últimos 2 días, cunha incidencia acumulada que se mantén entre >75 e ≤ 125 a 7 días, e entre >150 e ≤250 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Carballeda de Valdeorras mantén tamén o número de positivos dos últimos catro días, é dicir 17, mantendo tamén a incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de menos de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

A Rúa segue tamén con 3 casos activos, igual que os 2 últimos días, sendo a súa incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150. Rubiá continúa tamén con 3 casos activos de coronavirus cunha incidencia acumulada a menos de 10 a 7 días e máis de 150 e menos de 250 a 14 días.

 

Artigos relacionados

Back to top button