ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 131 casos activos de Covid, 10 menos que onte

Publicidade
Entrada á Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Seguen baixando os positivos de Covid-19 en Valdeorras. Neste 10 de agosto a comarca rexistra un total de 131 casos activos de Covid, o que supón 10 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

A principal baixada rexístrase no Barco que conta con 81 casos activos, 8 menos que onte; mentres que Larouco ten 4 positivos, 1 menos que onte; e A Rúa 31 positivos, 1 menos que onte.

No resto dos concellos da comarca mantéñense as cifras de onte: Rubiá ten 4 positivos, Vilamartín ten 6, Carballeda rexistra 1, O Bolo 2, A Veiga 1 e Petín 1.

1.234 casos activos na provincia

O descenso de casos activos na provincia de Ourense é hoxe máis lixeiro que en días anteriores cun total de 1.234 casos activos, o que supón 41 menos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button